AS ÁRBORES SENLLEIRAS, Escola da Flora
Volve a Escola da Flora coa actividade “As árbores senlleiras” da Aula Ambiental Ulla+24 para o mércores 10 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais formacións e especies de flora senlleira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza a través dunha acción comunitaria.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese nas especies senlleiras da zona ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 5 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!