XORNADA ERRADICADESCANTIA 10 MAIO 2025

Coincidindo coa Semana sobre Especies Invasoras de Portugal e España #SEI2025 continuamos co Programa Erradicadescantia cunha sesión de Erradica sens-act na que faremos seguimento, control e eliminación de flora exótica invasora; e cunha Erradica sens-form na que afondaremos sobre o papel das institucións, visitando para elo o Centro Ictiolóxico de Ximonde onde aprenderemos sobre outras estratexias de prevención, control e eliminación das invasións biolóxicas.
Sábado

Colaboran:

Fundación Nai Terra, entidade que centra a súa actividade na recuperacón do bosque de ribeira da ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza.

Bota e Bata, asociación estudantil da facultade de bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 10 de maio de 2025 ás 10:00h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

PROGRAMA DA XORNADA                                        

10:00h Recepción do Voluntariado

10:15h Labores de eliminación de flora invasora

12:00h Almorzo con Amabul e Nai Terra

12:30h Labores de eliminación de flora invasora

14:30h Xantar con Amabul e Nai Terra

16:00 Visita ao Centro Ictiolóxico de Ximonde

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha sesión de educación ambiental sobor o control da EEI visón americano.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ATÉ O 7 DE MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR e ACTIVIDADE

    Marca a/s casiña/s se vas participar na actividade da mañá, quedarte a xantar e/ou á actividade da tarde:

    Actividade de mañá:

    Xantar:


    Actividade de tarde:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.

    Actividade financiada pola