QUIRÓPTEROS ULLÁNS, Escola da fauna
Presentamos “Quirópteros ulláns” da Aula Ambiental Ulla para o mércores 28 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal procuramos o coñecemento, respecto e protección das especies de morcegos presentes no sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra) ás 10:00 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
Por mor dos protocolos COVID as prazas poderán ser limitadas.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 26 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org