A PAISAXE DOS PEQUENOS RÍOS, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “A paisaxe dos pequenos ríos” da Aula Ambiental Ulla+25 para o martes 8 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento á paisaxe fluvial dos afluentes da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 6 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!

