MULLERES FRONTE A EMERXENCIA CLIMÁTICA
Presentamos Mulleres fronte a emerxencia climática, iniciativa impulsada por Feitoría Verde coa colaboración da Asociación Berenguela.
O proxecto consiste en crear un espazo no cal compartir saberes, experiencias e formas de facer que as mulleres levan practicando ao longo de moitos anos no rural. Polo tanto, os obxectivos son dialogar sobre a relación entre o xénero e o cambio climático; e a procura de alternativas para construír sociedades máis xustas, igualitarias e menos agresivas co medio ambiente.
DATA E LOCALIZACIÓN
Xoves 17 de outubro ás 20:00.
Aula Ambiental Amabul (San Pedro de Vilanova, Vedra).
DURACIÓN
10 sesións
DIRIXIDO A:
Poderán participar mulleres sen necesidade de coñecementos previos, só ganas de compartir experiencias sobre xeitos de vivir de antes (e de agora) respectuosas coa contorna.
Trátase dun proxecto financiado pola Deputación da Coruña, o concello de Vedra, o concello de Padrón, Padrón Solidario e o concello de Santiago.
Se estás interesada en participar, cubre o seguinte formulario e se tes calquera dúbida tamén podes enviar un correo a voluntariado@concellodevedra.gal ou a amabul@amabul.org ou contactando no 981814695.