O MAPA DA AUGA, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos

Presentamos “O mapa da auga” da Aula Ambiental Ulla+26 para o martes 7 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal realizaremos un obradoiro que permitirá aprender sobre o valor da auga mediante a creación dun mapa colectivo no que visualizar a súa presenza e importancia na ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza.

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos até a zona de realización da actividade.

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.

 

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 1 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

 

PRAZAS ESGOTADAS!