ITINERARIO “A paisaxe rural ullá”
Presentamos o itinerario “A paisaxe rural ullá” da Aula Ambiental Ulla+22 para o xoves 28 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento aos principais atributos da paisaxe rural da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:00 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da paisaxe.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 26 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org