ITINERARIO “A paisaxe acuática ullá”
Presentamos o itinerario “A paisaxe acuática ullá” da Aula Ambiental Ulla+22 para o venres 5 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento aos principais atributos da paisaxe húmida da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da paisaxe.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 3 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org