INSECTOS NA HORTA, Escola da Fauna
Presentamos “Insectos na horta” da Aula Ambiental Ulla+23 para o xoves 6 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de insectos beneficiosos para os cultivos a través dunha actividade formativo-activa.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 10:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 4 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

