FOLLAS E FLORES, Escola da Flora
Presentamos “Follas e flores” da Aula Ambiental Ulla+22 para o xoves 18 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento á diversidade de formas e cores da flora na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a casa do concello de Vedra ás 9:00 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da flora.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 16 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org