A FLORA UTILITARIA, Escola da Flora
Presentamos nova actividade da Escola da Flora “A flora utilitaria” da Aula Ambiental Ulla+25 para o martes 8 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento aos usos das especies de flora presentes na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 6 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!

