FLORA MUSICAL, Escola da Flora

Presentamos nova actividade da Escola da Flora “Flora musical” da Aula Ambiental Ulla+25 para o martes 29 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás especies de flora que albergan aptitude para a elaboración de instrumentos musicais na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 10:00 horas.

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar público xeral con interese na flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza

 

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 27 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

 

PRAZAS ESGOTADAS!