FLORA INVASORA NO ULLA, Escola da Flora
Presentamos “Flora invasora no Ulla” da Aula Ambiental Ulla+24 para o mércores 28 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás especies predominantes nos bosques de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza ademais de levar a cabo unha acción comunitaria eliminando algunhas das principais especies invasoras.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e conservación do bosque de ribeira.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 25 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS