A FLORA AMEAZADA, Escola da Flora
Presentamos nova actividade da Escola da Flora “A flora ameazada” da Aula Ambiental Ulla+26 para o luns 20 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento á problemática das especies invasoras a través dunha acción ambiental comunitaria para a restauración do bosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 10 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org
PRAZAS ESGOTADAS!

