A FLORA AGRESTE ULLÁ, Escola da Flora

Volve a Escola da Flora coa actividade “A flora agreste ullá” da Aula Ambiental Ulla+25 para o luns 7 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies presentes en campos e zonas de cultivo da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar público xeral con interese na flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza

 

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 4 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

 

PRAZAS ESGOTADAS!