FLORA INVASORA NO ULLA, Escola da Flora
Presentamos “Flora invasora no Ulla” da Aula Ambiental Ulla+22 para o venres 22 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de flora exótica invasora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza a través dunha acción comunitaria.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 9:00 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da flora.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 20 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org