Nova edición do programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora

Presentamos nova edición do programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria da comunidade autónoma de Galicia, consistente na realización de obradoiros ambientais nos propios centros educativos. Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, os Obradoiros Ambientais sobor Flora Exótica Invasora que amais veñen acompañados do préstamo da exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:

  • Transporte, montaxe, desmontaxe e préstamo da exposición durante unha semana lectiva (consultar dispoñibilidade no formulario ao pé).
  • Realización de até 3 obradoiros ambientais – visita guiada á exposición no centro educativo (50 minutos de duración).
  • Entrega da unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.

 

CONDICIÓNS

  • As solicitudes serán aceptadas en orde á data de inscrición.
  • A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico por parte de Amabul.
  • O centro educativo deberá dispor dun espazo axeitado para a instalación da exposición.
  • O centro educativo velará polo axeitado coidado dos paneis da exposición.

 

PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTA EDICIÓN