A MELLORA AMBIENTAL DOS LAVADOIROS 28 NOVEMBRO 2026

Continuamos co FALADOIROS 2026, un proxecto financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos recuperar e pór en valor a memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.

Presentamos novo ciclo A mellora ambiental dos lavadoiros co que participamos na conservación e recuperación ambiental do lavadoiro de Fontao a través de accións prácticas de mellora e coidado da súa contorna.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 28 de novembro de 2026 ás 10:30 horas.

Lavadoiro de Fontao (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.

*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

INSCRICIÓN

Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO MARTES 24 DE NOVEMBRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org

 

    Se es menor de idade:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.