A IMPORTANCIA DE XÉNERO DOS LAVADOIROS
Presentamos segunda actividade formativa “A IMPORTANCIA DE XÉNERO DOS LAVADOIROS” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Trátase dunha actividade coa que procuramos afondar no valor de xénero tanto dos lavadoiros como da súa contorna sociocultural, afondando no significado social e cultural desta peculiar tipoloxía arquitectónica, profundado na comprensión do rol de xénero que compren os lavadoiros e promovendo a igualdade de xénero a través do importante papel que cumpriron as lavandeiras.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 31 de maio de 2025 ás 11:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
INSCRICIÓN
Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO MÉRCORES 28 DE MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org

