A MELLORA AMBIENTAL DOS LAVADOIROS

Presentamos segunda actividade formativa “A MELLORA AMBIENTAL DOS LAVADOIROS” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.

Trátase dunha sesión “form-activa” (de formación e acción) para a aprendizaxe en técnicas para a conservación e mellora dos lavadoiros ulláns (a desenvolver no Lavadoiro de Fontao – Vedra) coa que se procuran os seguintes obxectivos:

  • Formar en materia de conservación do patrimonio arquitectónico acuático.
  • Mellorar o estado de conservación do lavadoiro de Fontao (Vedra) e da súa contorna.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 26 de abril de 2025 ás 10:00 horas.

Lavadoiro de Fontao (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.

*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

INSCRICIÓN

Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO XOVES 24 DE ABRIL; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org

 

    Se es menor de idade:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.