O OFICIO DAS LAVANDEIRAS
Presentamos nova actividade formativa “O OFICIO DAS LAVANDEIRAS” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Trátase dunha sesión “form-activa” (de formación e acción) para recoñecer o labor desenvolto polas mulleres nos lavadoiros a través dun dos seus elementos singulares: o xabón artesanal, coa que se procura os seguintes obxectivos:
- Recoñecer o valor cultural e social do oficio de lavandeira.
- Aprender a fabricar un produto tradicional cun enorme valor cultural.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 21 de xuño de 2025 ás 11:00 horas.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa con interese na preservación do legado cultural e social dos lavadoiros.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
INSCRICIÓN
Para participar só tés que cubrir o seguinte formulario ANTES DO XOVES 19 DE XUÑO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a faladoiros@amabul.org

