ETNOICTIOFAUNA ULLÁ, Escola da Fauna
Presentamos “Etnoictiofauna ullá” da Aula Ambiental Ulla+22 para o venres 8 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás especies de peixes características do río Ulla e á súa importancia para as persoas.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será o Concello de Vedra ás 9:30 horas; dende alí dispomos dun servizo gratuíto de autobús até a zona de realización da actividade.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 7 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org