ERRADICADESCANTIA FORM 22 MARZO 2025
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-form de sensibilización e formación en materia de voluntariado ambiental, nas que as persoas participantes realizan unha acción formativa arredor da importancia do labor voluntario en materia de medio ambiente analizando a actualidade das invasións biolóxicas na nosa comunidade autónoma a través da prensa escrita.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 22 de marzo de 2025 ás 15:30.
Área Recreativa de Agronovo (Vedra).
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.
Se estás interesada/o en participar, cubre o seguinte formulario ANTES DO MARTES 20 DE MARZO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org