ERRADICADESCANTIA FORM 10 MAIO 2025
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-form de sensibilización e formación en materia de voluntariado ambiental, nas que as persoas participantes realizan unha acción formativa arredor da importancia da colaboración institucional no control das invasións biolóxicas.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 10 de maio de 2025 ás 16:00.
Centro Ictiolóxico de Ximonde (Vedra).
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.
Se estás interesada/o en participar, cubre o seguinte formulario ANTES DO MARTES 7 DE MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org
Actividade financiada pola


