ERRADICADESCANTIA FORM 30 MAIO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-form de sensibilización e formación en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes poderán coñecer a experiencia co traballo de flora exótica invasora no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
SÁBADO 30 de maio de 2026 ás 15:30.
Área Recreativa de Agronovo (Vedra).
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.
Se estás interesada/o en participar, cubre o seguinte formulario ATÉ O MÉRCORES 27 DE MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org
INSCRICIÓNS PECHADAS
Actividade financiada pola


