ERRADICADESCANTIA FORM 19 NOVEMBRO 2025

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-form de sensibilización e formación en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes poderán coñecer os mecanismos de dispersión das Plantas Exótivas Invasoras a través do estudo das especies prioritarias e de maior impacto na ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza.

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

MÉRCORES 19 de novembro de 2025 ás 18:00.

Área Recreativa de Agronovo (Vedra).

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.

 

Se estás interesada/o en participar, cubre o seguinte formulario ATÉ O LUNS 17 DE NOVEMBRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

INSCRICIÓNS PECHADAS

Actividade financiada pola