CAMPO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL ERRADICA SENS-TOP

Presentamos o Campo de Voluntariado Ambiental “Erradica Sens-top”, actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

PARTICIPANTES

Poderá participar calquera persoa que teña interese na conservación da natureza e que queira desenvolver unha experiencia de sensibilización e capacitación ambiental.

O número de persoas participantes é limitado, prevalecendo a orde de inscrición para a reserva de praza.

 

DATAS

14, 15 e 16 de novembro de 2025

 

LOCALIZACIÓN

As diferentes accións ambientais desenvolveranse na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

CONDICIÓNS

As persoas inscritas comprométense a participar activamente nos diferentes labores do campo de voluntariado.

En todo caso estarán cubertos os seus gastos de aloxamento e manutención, apeiros e útiles de traballo e seguros de accidentes e de responsabilidade civil.

Amais terán cuberto o desprazamento dende a estación de autobuses de Santiago de Compostela.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Para o campo de voluntariado establécese unha programación de actividades de acordo ao seguinte modelo:

VENRES 18-19 H. Recepción das persoas participantes
VENRES 19-20 H. Acomodo das persoas participantes
VENRES 20-21 H. Sesión informativa arredor do ERRADICA SENS-TOP
VENRES 21-23 H. Cea e descanso

—– Pernocta ——

SÁBADO 09-10 H. Almorzo
SÁBADO 10-14 H. Acción ambiental na ZEC Ulla-Deza (erradicación de flora invasora)
SÁBADO 14-16 H. Hixiene e xantar
SÁBADO 16-19 H. Ruta formativa arredor do ZEC ULLA-DEZA
SÁBADO 19-21 H. Sesión formativa arredor do ERRADICA SENS-TOP
SÁBADO 21-23 H. Cea e descanso

—– Pernocta ——

DOMINGO 09-10 H. Almorzo
DOMINGO 10-14 H. Acción ambiental na ZEC Ulla-Deza (erradicación de flora invasora)
DOMINGO 14-16 H. Hixiene e xantar
DOMINGO 16-17 H. Avaliación e peche do Campo de Voluntariado

 

INSCRICIÓNS

Para formalizar a túa inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 1 de novembro

 

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN

    PRAZAS ESGOTADAS

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.