XORNADA ERRADICADESCANTIA 25 MAIO 2024

Seguimos co Proxecto para a erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este proxecto pretende liberar o sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) poidan desfrutar do seu hábitat nativo.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 25 de maio de 2024 ás 10:00.

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

PROGRAMA DA XORNADA                                        

10:00h Recepción do Voluntariado

10:15h Formación do Voluntariado

10:30h Labores de eliminación de flora invasora

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de eliminación de flora invasora

14:30h Xantar con Amabul

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+24” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO MÉRCORES 23 DE MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR

    Marca a casiña se vas quedarte a xantar

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.