Xornada de voluntariado ambiental ERRADICADESCANTIA
O proxecto Erradicadescantia pretende eliminar en 2022 máis de 8 toneladas da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla, liberando o sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) poidan desfrutar do seu hábitat nativo.
Dende Amabul convidámoste a unha nova xornada de voluntariado ambiental para combater esta perigosa especie invasora!!!
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 27 de agosto de 2022 ás 9:15h
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
PROGRAMA DA XORNADA
9:15h Recepción do Voluntariado
9:30h Formación do Voluntariado
10:00h Labores de Erradicación I
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+22” financiado pola Deputación da Coruña.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 26 DE AGOSTO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org