ÚLTIMA XORNADA ERRADICADESCANTIA 2022
Presentamos a última xornada do proxecto Erradicadescantia para 2022 grazas ao que, coa participación dun total de 120 persoas voluntarias, conseguimos eliminar 5.640,6 kg da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla, liberando arredor de 750 metros cadrados e 200 metros lineais do sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) poidan desfrutar do seu hábitat nativo.
Dende Amabul convidámoste a esta xornada de voluntariado ambiental para combater esta perigosa especie invasora!!!
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 15 de outubro de 2022 ás 9:15h
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
PROGRAMA DA XORNADA
9:15h Recepción do Voluntariado
9:30h Formación do Voluntariado
10:00h Labores de Erradicación I
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+22” financiado pola Deputación da Coruña.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 12 DE OUTUBRO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org