ERRADICADESCANTIA ACT 5 MAIO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-act de sensibilización a través da acción ambiental no control, seguimento e eliminación de flora exótica invasora na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
MARTES 5 de maio de 2026 ás 15:30
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ATÉ O MÉRCORES 1 de MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org
INSCRICIÓN PECHADA
Actividade financiada pola


