ERRADICADESCANTIA ACT 19 NOVEMBRO 2025

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-act de sensibilización a través da acción ambiental no control, seguimento e eliminación de flora exótica invasora na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

MÉRCORES 19 de novembro de 2025 ás 15:30.

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

PROGRAMA DA XORNADA                                        

15:30h Recepción do Voluntariado

15:45h-18:00h Labores de eliminación de flora invasora

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ATÉ O LUNS 17 DE NOVEMBRO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

INSCRICIÓN PECHADA

                           

Actividade financiada pola