XORNADA ERRADICADESCANTIA 25 ABRIL 2026

Continuamos co Programa Erradicadescantia cunha sesión de Erradica sens-act na que faremos seguimento, control e eliminación de flora exótica invasora; e cunha actividade Erradica sens-form que consistirá nunha saída de campo para achegarnos ás princpais comunidades de organismos bioindicadores da saúde do Ulla na área de actuación do programa.
Sáb

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

SÁBADO 25 de abril de 2026 ás 10:00h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

PROGRAMA DA XORNADA 

ERRADICA SENS-ACT                                      

10:00h Recepción do Voluntariado

10:15h Labores de eliminación de flora invasora

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de eliminación de flora invasora

14:30h Xantar con Amabul

 

ERRADICA SENS-FORM

15:30 Achegamento ás comunidades bioindicadores da saúde ecolóxica do río Ulla.

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha sesión de educación ambiental sobor a biodiversidade no río Ulla e a importancia da súa conservación.

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ATÉ O 22 DE MARZO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR e ACTIVIDADE

    Marca a/s casiña/s se vas participar na actividade da mañá, quedarte a xantar e/ou á actividade da tarde:

    Actividade de mañá:

    Xantar:


    Actividade de tarde:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.

    Actividade financiada pola