ESCOLA AMBIENTAL 29-30 DECEMBRO 2025 (EA VIVE)
Para rematar o ano na Escola Ambiental Amabul presentamos última actividade EA VIVE!
Trátase dunha convivencia ambiental a desenvolver en Sober (Lugo) coa que procuramos que as mozas e mozos participantes reflexionen sobre o seu rol na sociedade actual e sobre a necesidade de que participen activamente na súa construción e mellora.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E HORARIO
Dende o luns 29 de decembro ás 09:00 horas até o martes 30 de decembro ás 19:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Albergue Barbagelata (Sober – Lugo)
INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 20 de decembro.
INSCRICIÓNS PECHADAS
Actividade financiada pola


