ESCOLA AMBIENTAL 14-15 DE ABRIL 2025 (EA VIVE)

Comezamos o mes de abril na Escola Ambiental Amabul estreando actividade EA VIVE!

Trátase dunha convivencia ambiental a desenvolver no concello de A Estrada (Pontevedra) coa que procuramos que as mozas e mozos participantes reflexionen sobre o seu rol na sociedade actual e sobre a necesidade de que participen activamente na súa construción e mellora.

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

 

DATA E HORARIO

Dende o luns 14 de abril ás 11:00 horas até o martes 15 de abril ás 18:00 horas.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Albergue de Sabucedo (A Estrada – Pontevedra)

 

INSCRICIÓN

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 9 de abril.

 

INSCRICIÓNS PECHADAS

 

Actividade financiada pola