ESCOLA AMBIENTAL 9 MAIO 2026 (EA SCOUT)
Comezamos o mes de maio na Escola Ambiental AMABUL con outra actividade EA SCOUT!
Trátase dunha saída de campo á ruta do río Pereiro para a interacción cos seus elementos sociais, culturais, etnográficos e naturais co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol individual e colectivo na sociedade actual.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E HORARIO
Sábado 9 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas.
PUNTO DE PARTIDA
Ruta do río Pereiro (Vedra)
INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 4 de maio.
Actividade financiada pola


