ESCOLA AMBIENTAL 29 DECEMBRO 2025 (EA SCOUT)

E rematamos ano na Escola Ambiental Amabul coa última actividade EA SCOUT!

Trátase dunha saída de campo á Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra para a interacción cos seus elementos sociais, culturais, etnográficos e naturais co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol individual e colectivo na sociedade actual.

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

 

DATA E HORARIO

Luns 29 de setembro en horario de 16:00 a 19:00 horas.

 

PUNTO DE PARTIDA

Aula Ambiental Amabul (Vilanova – Vedra)

 

INSCRICIÓN

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 20 de decembro.

 

INSCRICIÓNS PECHADAS

 

Actividade financiada pola