ESCOLA AMBIENTAL 27 SETEMBRO 2025 (EA SCOUT)
E seguimos o mes de setembro na Escola Ambiental Amabul con outra actividade EA SCOUT!
Trátase dunha saída de campo á ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para a interacción cos seus elementos sociais, culturais, etnográficos e naturais co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol individual e colectivo na sociedade actual.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E HORARIO
Sábado 27 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
PUNTO DE PARTIDA
Casa da Fábrica de Trobe (Vedra)
INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 22 de setembro.
INSCRICIÓNS PECHADAS
Actividade financiada pola


