ESCOLA AMBIENTAL 3 XULLO 2025 (EA REF)
Comezamos o mes de xullo na Escola Ambiental Amabul cunha actividade EA REF!
Trátase dunha visita a unha experiencia ambiental reveladora posta en marcha na horta ecolóxica de Aloumiños da Terra (Ponteareas-Pontevedra), para que sirva de exemplo referencial que guíe aos participantes cara modelos de vida máis solidarios, tolerantes, igualitarios e participativos.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E HORARIO
Xoves 3 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Aloumiños da Terra (Ponteareas – Pontevedra)
INSCRICIÓN
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario até o 1 de xullo.
INSCRICIÓNS PECHADAS
Actividade financiada pola


