ESCOLA AMBIENTAL AMABUL NADAL 2025

Dende o equipo educativo de AMABUL desexamos que este sexa un Nadal transparente como a auga! que contribúa a facer da nosa contorna un lugar máis limpo, respectuoso e habitable. Non perdas a oportunidade de apuntarte aos campamentos de Nadal da Escola Ambiental Amabul!

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2020 e 2022)
  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2019)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2014)

    * É necesario estar asociada/o a AMABUL, faino dun xeito sinxelo premendo aquí

 

DATAS E HORARIOS

Os campamentos desenvolveranse entre o 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026 de luns a venres (agás festivos), en horario de 8:30 a 14:30 horas

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, AMABUL practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Xogos ambientais.
  • Descubertas da contorna.
  • Aprendizaxe sensorial.
  • Excursións e saídas de campo.
  • Xincanas de observación e orientación.
  • Obradoiros de mellora do medio.
  • Actividades de investigación.
  • Xincanas ambientais.
  • Coensinanza libre.
  • E moitas máis…

 

 

 

PREZO

120€

***Desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n

 

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, ATÉ O 14 DE DECEMBRO ao correo xuvenil@amabul.org.

 

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguintes datos:

Concepto: INSCRICIÓN EAN (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 120 EUROS (96 EUROS a partir da/o segunda/o irmá/n)

 

INSCRICIÓNS PECHADAS