UN NADAL VERDE VERDE na ESCOLA AMBIENTAL AMABUL

Dende o equipo educativo de AMABUL desexamos que este sexa un Nadal Verde Verde! que contribúa a facer da nosa contorna un lugar máis limpo, respectuoso e habitable. Non perdas a oportunidade de apuntarte aos campamentos de nadal da Escola Ambiental Amabul!

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2019 e 2021)
  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2013 e 2018)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2013)

    * É necesario estar asociada/o a AMABUL, faino dun xeito sinxelo premendo aquí

 

DATAS E HORARIOS

Os campamentos desenvolveranse entre o 23 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025 de luns a venres (agás festivos), en horario de 8:30 a 14:30 horas

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, Amabul practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Xogos ambientais.
  • Descubertas da contorna.
  • Aprendizaxe sensorial.
  • Saídas de campo.
  • Xincanas de observación e orientación.
  • Obradoiros de mellora do medio.
  • Actividades de investigación.
  • Xincanas ambientais.
  • Coensinanza libre.
  • E moitas máis…

 

 

PREZO

100€

***Desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n

 

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, ANTES DO 13 DE DECEMBRO ao correo xuvenil@amabul.org.

 

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:

Concepto: INSCRICIÓN EAN (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 100 EUROS (80 EUROS a partir do segunda/o irmá/n)

 

INSCRICIÓNS

    Datos da/o Participante

    Xuntar Folla de autorizacións (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.