ESCOLA AMBIENTAL AMABUL XANEIRO 2024

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de xaneiro: O mundo que nos rodea.

Unha actividade coa que aprender sobre a biodiversidade que nos rodea, a cal nos vai permitir descubrir as variadas formas de vida e como cada ser vivo contribúe á marabillosa rede da natureza da que formamos parte.

Nesta primeira xornada do ano, iniciaraste como gardián/gardiá comprometido/a coa preservación do medio natural, xa que ao longo deste 2024, elaboraremos o noso “Museo da Natureza”. 

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DATA E HORARIO

Sábado 13 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña), a carón da Igrexa de San Andrés de Trobe

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes socios/as de Amabul.

 

INSCRICIÓN

Exclusiva para persoas asociadas de Amabul (podes asociarte premendo aquí).

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 10 de xaneiro.

 

    Datos da/o Participante

    Xuntar Folla de autorizacións (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar DNI participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar Tarxeta Sanitaria participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.