ESCOLA AMBIENTAL AMABUL OUTUBRO 2024
Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de outubro: Entre plantas e flores.
Será unha xornada chea de aprendizaxe e contacto coa natureza, na que exploraremos os diferentes tipos de plantas e flores que nos rodean. Aprenderemos sobre a importancia das flores a través dun obradoiro interactivo que permitirá descubrir curiosidades do mundo vexetal.
Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.
DATA E HORARIO
Sábado 19 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña), a carón da Igrexa de San Andrés de Trobe
DESTINATARIOS
Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes socios/as de Amabul.
INSCRICIÓN
Exclusiva para persoas asociadas de Amabul (podes asociarte premendo aquí).
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 16 de outubro.