ESCOLA AMBIENTAL AMABUL NOVEMBRO 2024

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de novembro: Aprendendo a coidar a natureza.

Convidámoste a que sigas mellorando o coidado da contorna dunha forma divertida e práctica! Usando o xogo como ferramenta para aprender, esta xornada centrarase na xestión de residuos, a reciclaxe e o consumo responsable.  

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DATA E HORARIO

Sábado 23 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña), a carón da Igrexa de San Andrés de Trobe

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes socios/as de Amabul.

 

INSCRICIÓN

Exclusiva para persoas asociadas de Amabul (podes asociarte premendo aquí).

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario ata o 20 de novembro.

 

    Datos da/o Participante

    Xuntar Folla de autorizacións (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar DNI participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar Tarxeta Sanitaria participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.