ESCOLA AMBIENTAL AMABUL MAIO 2024

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de maio: Augas Vivas.

Nesta xornada aprenderemos como a auga xoga un papel vital na creación e mantemento dunha horta saudable. A través de xogos, actividades prácticas e experiencias sensoriais; os/as participantes descubrirán a importancia de conservar a auga e empregala de maneira responsable na nosa vida diaria.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DATA E HORARIO

Sábado 18 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña)

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes socios/as de Amabul.

 

INSCRICIÓN

Exclusiva para persoas asociadas de Amabul (podes asociarte premendo aquí).

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 15 de maio.

 

    Datos da/o Participante

    Xuntar Folla de autorizacións (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar DNI participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar Tarxeta Sanitaria participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.