ESCOLA AMBIENTAL AMABUL FEBREIRO 2024
Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de febreiro: Os bosques están en perigo.
Seguiremos descubrindo a biodiversidade dos nosos bosques e aprenderemos a recoñecer algúns dos sons que emiten as aves, insectos e outros animais silvestres a través da exploración e xogos interactivos.
Os gardiáns e gardiás da natureza tamén lle seguirán dando forma ao seu Museo, co que preservarán unha pequena parte da biodiversidade que nos rodea.
Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.
DATA E HORARIO
Sábado 10 de febreiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña), a carón da Igrexa de San Andrés de Trobe
DESTINATARIOS
Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes socios/as de Amabul.
INSCRICIÓN
Exclusiva para persoas asociadas de Amabul (podes asociarte premendo aquí).
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 7 de febreiro.