AMABUL publica a súa oferta para a Escola Ambiental de Verán
Como cada verán, Amabul desenvolverá durante os meses de xullo e agosto de 2021 os seus campamentos ambientais para público infantil e xuvenil.
PARTICIPANTES
- Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
- Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)
QUENDAS
- Campamento Ambiental Infantil Xullo (dende o 1 ao 31 de xullo de 2021)
- Campamento Ambiental Xuvenil Xullo (dende o 1 ao 31 de xullo de 2021)
- Campamento Ambiental Infantil Agosto (dende o 1 ao 31 de agosto de 2021)
- Campamento Ambiental Xuvenil Agosto (dende o 1 ao 31 de agosto de 2021)
DATAS E HORARIOS
Cada campamento desenvolverase nas datas sinaladas no apartado anterior, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30
LUGAR DE REALIZACIÓN
Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna
PRAZAS
Limitadas de acordo aos protocolos e restriccións COVID do momento
ACTIVIDADES
Como ven sendo habitual, Amabul practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:
- Rutas de sendeirismo e en caiac.
- Xogos educativos na natureza.
- Actividades de descuberta patrimonial.
- Excursións e saídas de campo a diferentes zonas naturais galegas.
- Xincanas de observación e orientación.
- Dinámicas de sensibilización ambiental.
- Grandes xogos interxeracionais.
- Actividades deportivas e de auga no medio natural.
- E moitas máis…
PREZOS por quenda
175€
140€ (persoas asociadas)
***Desconto do 30% a partir da/o segunda/o irmá/n
***Posibilidade de servizo de transporte no interior do concello de Vedra (25€ por participante e quenda)
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, antes do 15 de xuño (para as quendas de xullo) e antes do 15 de xullo (para as quendas de agosto), ao correo xuvenil@amabul.org.
Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:
Concepto: DOAZÓN ESCOLA AMBIENTAL (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: 140 EUROS (persoas asociadas) 175 EUROS (persoas non asociadas) 165 EUROS (persoas asociadas con servizo de transporte) 200 EUROS (persoas non asociadas con servizo de transporte)
INSCRICIÓNS