Campamento de verán AMABUL 2026

CAMPAMENTOS DE VERÁN AMABUL 2026

Un ano máis AMABUL desenvolve durante o mes de xullo de 2026 os seus campamentos de verán da ESCOLA AMBIENTAL AMABUL para público benxamín, infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2020 e 2022)
  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2019)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2014)

    * É necesario estar asociada/o a AMABUL, faino dun xeito sinxelo premendo aquí

 

QUENDAS 

  • Campamento Ambiental Xullo (mes completo) 
  • Campamento Ambiental Xullo (1ª quincena)
  • Campamento Ambiental Xullo (2ª quincena)

 

DATAS E HORARIOS

Cada campamento desenvolverase nas datas sinaladas no apartado anterior, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

*** Na opción “servizo de conciliación” o horario será de 8:00 a 16:00 horas (o xantar corre por conta das/os participantes).

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais.

 

ACTIVIDADES (Aventura, natureza e verán en AMABUL)

Como ven sendo habitual, AMABUL practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Excursión semanal a un espazo natural da comarca
  • Excursión quincenal de día completo á praia
  • Pernocta quincenal para o grupo xuvenil
  • Gran acampada para o grupo infantil
  • Actividades de piscina e de caiacs no Ulla
  • Actividades de convivencia e exploración no medio natural
  • Xogos, retos, obradoiros e xincanas na natureza

 

         

PREZOS por quenda

  • Quenda de mes completo: 250€
  • Quenda de mes completo campamento xuvenil: 320€ (inclúe dúas noites de pernocta)
  • Quendas de quincena natural: 160€
  • Quendas de quincena natural campamento xuvenil: 200€ (inclúe unha noite de pernocta)

 

***Desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n (a aplicar no importe de menor cuantía)

***Posibilidade de servizo de conciliación (100€ por participante e quenda de mes completo e 60€ por participante e quenda quincenal)

***Posibilidade de servizo de transporte no interior do concello de Vedra e en Lestedo (100€ por participante e quenda de mes completo e 60€ por participante e quenda quincenal)

 

INSCRICIÓN

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento antes do 15 de xuño ao correo xuvenil@amabul.org.

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:

Concepto: INSCRICIÓN EAA (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: De acordo ao/s servizo/s contratado/s

 

INSCRICIÓNS PECHADAS