CAMPAMENTOS VERÁN 2024 da ESCOLA AMBIENTAL AMABUL

Un ano máis Amabul desenvolve durante os meses de xullo e agosto de 2024 os seus campamentos de verán da Escola Ambiental Amabul para público benxamín, infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2018 e 2020)
  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2012 e 2017)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2012)

    * É necesario estar asociada/o a Amabul, faino dun xeito sinxelo premendo aquí

    * Para realizarse calquera dos campamentos (Benxamín, Infantil e/ou Xuvenil) será preciso contar cun grupo mínimo de 10 participantes. 

 

QUENDAS (PRAZAS LIMITADAS)

  • Campamento Ambiental Xullo (mes completo) INSCRICIÓNS PECHADAS
  • Campamento Ambiental Xullo (1ª quincena) INSCRICIÓNS PECHADAS
  • Campamento Ambiental Xullo (2ª quincena) INSCRICIÓNS PECHADAS
  • Campamento Ambiental Agosto (mes completo) INSCRICIÓNS PECHADAS
  • Campamento Ambiental Agosto (1ª quincena) INSCRICIÓNS PECHADAS
  • Campamento Ambiental Agosto (2ª quincena) INSCRICIÓNS PECHADAS

 

DATAS E HORARIOS

Cada campamento desenvolverase nas datas sinaladas no apartado anterior, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30

*** Na opción “servizo de conciliación” o horario será de 8:00 a 16:00 (o xantar corre por conta das/os participantes)

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais.

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, Amabul practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Rutas de sendeirismo e en caiac.
  • Xogos educativos na natureza.
  • Actividades de descuberta patrimonial.
  • Excursións e saídas de campo a diferentes zonas naturais galegas.
  • Xincanas de observación e orientación.
  • Dinámicas de sensibilización ambiental.
  • Grandes xogos interxeracionais.
  • Actividades deportivas e de auga no medio natural.
  • E nesta edición como novidade… pernoctas para as/os participantes xuvenís.

 

        

PREZOS por quenda

  • Quenda de mes completo: 200€
  • Quenda de mes completo campamento xuvenil: 250€ (inclúe dúas noites de pernocta)
  • Quendas de quincena natural: 130€
  • Quendas de quincena natural campamento xuvenil: 160€ (inclúe unha noite de pernocta)

 

***Desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n (a aplicar no importe de menor cuantía)

***Posibilidade de servizo de conciliación (70€ por participante e quenda de mes completo e 40€ por participante e quenda quincenal)

***Posibilidade de servizo de transporte no interior do concello de Vedra (70€ por participante e quenda de mes completo e 40€ por participante e quenda quincenal)

 

INSCRICIÓN

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, antes do 15 de xuño (para as quendas de xullo) e antes do 20 de xullo (para as quendas de agosto), ao correo xuvenil@amabul.org.

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:

Concepto: INSCRICIÓN EAA (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: De acordo ao/s servizo/s contratado/s

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN