CAMPO DE VOLUNTARIADO ERRADICADESCANTIA 2025

Presentamos o Campo de Voluntariado do Río Ulla “Erradicadescantia”, actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.

 

PARTICIPANTES

Poderán participar aquelas mozas e mozos entre os 16 e os 35 anos que teñan interese en cuestións ambientais e culturais no medio rural.

O número de persoas participantes é limitado, prevalecendo a orde de inscrición para a reserva de praza.

 

DATAS

12, 13 e 14 de setembro de 2025

 

LOCALIZACIÓN

As diferentes accións ambientais e culturais desenvolveranse na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

CONDICIÓNS

As persoas inscritas comprométense a participar activamente nos diferentes labores do campo de voluntariado. En todo caso estarán cubertos os seus gastos de aloxamento e manutención, apeiros e útiles de traballo e seguros de accidentes e de responsabilidade civil.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Para o campo de voluntariado establécese unha programación de actividades de acordo ao seguinte modelo:

VENRES 18-19 H. Recepción das persoas participantes
VENRES 19-20 H. Presentación do ERRADICADESCANTIA
VENRES 20-21 H. Acomodo e cea das persoas participantes
VENRES 21-23 H. Cea “Oficios tradicionais e TICs” con Luís do Río

—– Pernocta ——

SÁBADO 09-10 H. Almorzo creativo “As TIC nos oficios tradicionais”
SÁBADO 10-14 H. Acción ambiental no Río Ulla (erradicación de flora invasora)
SÁBADO 14-16 H. Hixiene e xantar
SÁBADO 16-19 H. Ruta interpretada “Descubrindo o fenómeno xacobeo”
SÁBADO 19-21 H. Interpretando os oficios tradicionais galegos “Queixería Bo queixo”
SÁBADO 21-23 H. Cea “Participación e empoderamento feminino”

—– Pernocta ——

DOMINGO 09-10 H. Almorzo creativo “Empoderamento feminino rural”
DOMINGO 10-14 H. Acción ambiental no Río Ulla (erradicación de flora invasora)
DOMINGO 14-16 H. Hixiene e xantar
DOMINGO 16-17 H. Avaliación e peche do Campo

 

INSCRICIÓNS

Para formalizar a túa inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 9 de setembro

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN

    PRAZAS ESGOTADAS